Aula CeMIT

A aula CeMIT de Barreiros está situada no Teleclub de San Cosme, accédese pola porta lateral do mesmo.

Esta aula nace ca misión de impulsar a formación en novas tecnoloxías entre a cidadanía, os profesionais e as empresas, pertence a Red de Centros para la Modernización e Inclusión Tecnológica (CeMIT), proxecto presente en todo Galicia.

Conta con 12 ordenadores de última xeración e un ordenador con equipamento adaptado a persoas con minusvalías físicas, impresora e conexión a Internet. Na aula impártese formación que pretende cubrir as necesidades da cidadanía en canto a novas tecnoloxías.

Si estás interesado en formación, aquí podes consultar a programación dos cursos, charlas e actividades que se impartirán na aula, tamén se pode acceder en horario de acceso libre, onde terás a túa disposición os equipos informáticos para navegar por Internet, tarefas ofimáticas, etc.

 Fodo do interior da aula.

No hay comentarios:

Publicar un comentario