martes, 17 de junio de 2014

Axudas a contratación de banda larga vía satélite


Ata o 30 de agosto está aberto o prazo para que  os cidadáns ou as pequenas/medianas empresas poidan solicitar unha axuda para o acceso a internet de banda larga vía satélite, a través dun programa executado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) en colaboración coa AMTEGA.
Por tal motivo, o próximo mércores 25 de xuño imos a transmitir por videoconferencia unha charla dunha hora de duración na que se explicará, dunha forma sinxela, a forma de presentarse a estas axudas e de poder ter acceso a internet naquelas zonas con mais dificultades de cobertura que non poidan usar outras tecnoloxías.
Os beneficiarios das axudas poderán ser fogares e empresas ubicadas en Galicia cunha  única subvención destinada a sufragar os costos de instalación, así como o costo do equipamento do interior da vivenda ou empresa necesario para distribuir o sinal de banda larga, cunha cuantía máxima de 150 euros, e condicionando a contratación dun servizo de alo menos 2Mbps cun periodo de permanencia de doce meses.
De todo esto daráse cumprida información na charla que terá lugar por videoconferencia o día 25 de xuño de 16:00 a 17:00

Maís información

lunes, 16 de junio de 2014

Plan de formación Voluntariado Dixital 2014

O Programa Voluntariado Dixital vai poñer en marcha o vindeiro 19 de xuño, o seu Programa de capacitación e formación 2014 baixo o título "Innovación e Transformación Dixital 2.0".
Este  programa de formación quere ofrecer unha correcta capacitación aos voluntari@s e persoal técnico das entidades de acción voluntaria, e en xeral, calquera persoa interesada nestes ámbitos de actuación, co obxectivo de orientalos nas súas tarefas de acción solidaria a través de internet e as novas tecnoloxías, e neste contexto, nesta nova edición, queremos incidir nas vantaxes das Redes Sociais para a busca de emprego e introducir aos asistentes na Innovación Social Dixital como proceso de transformación da sociedade.
O curso está estruturado en catro módulos:
  • Módulo I: Inserción laboral e Recrutamento 2.0 (Días 19 e 20 de xuño)
  • Módulo II: Estratexias de Comunicación 2.0 (Días 26 e 27 de xuño)
  • Módulo III: Innovación Social. Experiencias prácticas (Días 3 e 4 de xullo)
  • Módulo IV: Coaching para a transformación Social (Días 10 e 11 de xullo)
Consulta o Programa e, se queres participar con nós, Inscríbete
Esta formación é de balde e expedirase un certificado, acreditando cada módulo ao que se asista. Por último, lembrarvos que a inscrición no primeiro módulo finaliza o próximo 18 de xuño ás 14.30h.
Estas actividades poderanse seguir por videoconferencia dende a aula CeMIT de Barreiros previa inscrición.

Esperamos contar coa vosa presenza.