City Barreiros
Que é?
City Barreiros é unha aplicación para móbiles, consta dun menú moi sinxelo
a través do cal os barreirenses poderemos comunicar calquera tipo de incidencia
municipal.
Que beneficios me aporta?
Unha vez instalada no móbil e completado un pequeno rexistro, dispoñemos na
palma da man de liña directa co Concello, e dicir, podemos dar parte de
incidencias, as 24 horas do día, durante os 365 días do ano, que as recibirán en
tempo real, polo que a resposta será moito máis rápida.
Cómo descargala?
De momento esta aplicación só está dispoñible para o sistema Android, proximamente
tamén o estará para iOS. Entrando no Play Store do terminal, buscamos “City Barreiros” unha
vez localizada, iniciamos a descarga e aceptamos os permisos da aplicación.
Cómo usala?
Por exemplo, se vemos unha farola que non funciona, un alcantarillado
atascado ou calquera outra incidencia, simplemente coa aplicación sinalamos o
lugar da incidencia, engadimos unha foto, e inmediatamente se lle comunica de
maneira automática ó departamento correspondente, unha vez sexa solucionada,
recibiremos unha mensaxe no teléfono avisándonos de que a incidencia foi
resolta.
Imaxes da aplicación
Imaxes da aplicación
