miércoles, 11 de diciembre de 2013

Curso de formación a Mulleres

Novo curso de formación a mulleres para mellorar a hora de buscar emprego

O CPEIG en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, vai impartir uns cursos formativos a mulleres para mellorar as súas capacidades tecnolóxicas. Entre outros, os contidos versarán sobre actuacións de asesoramento, formación e apoio ás mulleres potencialmente emprendedoras para axudalas na posta en marcha e modernización das súas empresas e na busca de emprego, cara a fomentar a súa adaptabilidade e competitividade no mercado actual.

FORMACIÓN E ASESORAMENTO EN:

  • Iniciación a internet e Redes Sociais.
  • Novas tecnoloxías e emprendemento.
  • Novas tecnoloxías e busqueda de emprego.
  • Redes e trasposicións de experiencias.

A duración proposta dos cursos será de 20 horas, cun máximo de 20 alumnas en cada edición.

Data: 16 ó 20 de Decembro
Horario: 17:00 - 21:00 H
Lugar: Aula CeMIT Barreiros
Máis información: 639 87 66 71



viernes, 29 de noviembre de 2013

APOIO NA PROCURA DE EMPREGO

VOLUNTARIADO DIXITAL: 

Xornada “ Novos perfís profesionais na era dixital”

PROGRAMA:


Data:
5 de decembro de 2013 (XOVES)
Lugar:
Salón 103 do Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, CIDADE DA CULTURA. Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia Amtega, Santiago de Compostela.
OBXECTIVOS
Dado que os contidos dixitais xerarán ata 305.000 novos empregos  nos vindeiros cinco anos, a través desta xornada preténdese:
1) Mostrar aos asistentes participantes no encontro, como grazas ao avance da Economía Dixital, existen moit@s xóvenes que están  a ocupar postos de traballo que se demandan dende fai pouco tempo nas empresas e outros que serán de nova creación.
2) Mostrar persoas xóvenes galegas,  que grazas a súa paixón polo  mundo das redes, internet e as novas tecnoloxías, son exemplos de emprendemento e coñecemento e traballan no que máis lles apaixona, o mundo dixital.
DIRIXIDO A
Voluntarios Dixitais, Entidades de Acción Social, moz@s, desempregados, orientadores laborais e calquera persoa con talento entusiasta de Internet e o 2.0
ESTRUTURA DA XORNADA
9:30 
Conferencia “NOVOS PERFÍS PROFESIONAIS NA ERA DIXITAL”
11:00
Descanso
11:30
“MARKETING E COMUNICACIÓN DIXITAL”: 3 exemplos galegos 
12:30
“PROGRAMACIÓN”: 3 exemplos galegos 
13:30
“DESEÑO VIRTUAL, ARTE E CREATIVIDADE”: 3 exemplos galegos 
14:30
Fin da sesión

viernes, 11 de octubre de 2013

City Barreiros

City Barreiros

Que é?

City Barreiros é unha aplicación para móbiles, consta dun menú moi sinxelo a través do cal os barreirenses poderemos comunicar calquera tipo de incidencia municipal.

Que beneficios me aporta?

Unha vez instalada no móbil e completado un pequeno rexistro, dispoñemos na palma da man de liña directa co Concello, e dicir, podemos dar parte de incidencias, as 24 horas do día, durante os 365 días do ano, que as recibirán en tempo real, polo que a resposta será moito máis rápida.

Cómo descargala?

De momento esta aplicación só está dispoñible para o sistema Android, proximamente tamén o estará para iOS. Entrando no Play Store  do terminal, buscamos “City Barreiros” unha vez localizada, iniciamos a descarga e aceptamos os permisos da aplicación.

Cómo usala?

Por exemplo, se vemos unha farola que non funciona, un alcantarillado atascado ou calquera outra incidencia, simplemente coa aplicación sinalamos o lugar da incidencia, engadimos unha foto, e inmediatamente se lle comunica de maneira automática ó departamento correspondente, unha vez sexa solucionada, recibiremos unha mensaxe no teléfono avisándonos de que a incidencia foi resolta.

Imaxes da aplicación








jueves, 3 de octubre de 2013

Hola Fabiola


Que é?

“Hola Fabiola” é un programa formativo para aprender a usar e aproveitar ó máximo o ordenador e Internet, dirixido a mulleres estranxeiras que residen en España.

Este curso divídese en 2 niveis, nivel Básico e nivel Medio. Nesta primeira etapa abordárase o nivel Básico, comezando o 7 de Outubro e rematando o 3 de Decembro, deixando para o 2014 o nivel Medio.

viernes, 6 de septiembre de 2013

Charla: Uso seguro de Internet e Redes Sociais para Menores



DESTINATARIOS:

Pais, nais, titores legais e formadores que desexen coñecer os riscos e consecuencias dun mal uso das redes sociais, profesionais do sector que desexen ampliar os coñecementos sobre cuestións legais que afectan a estas ferramentas. E en xeral, usuarios que desexen ter máis información de como usar estas aplicacións dun modo seguro.


PROGRAMA:

viernes, 5 de abril de 2013

Curso de Internet - Nivel Medio

Curso de Internet - Nivel medio, na AULA CEMIT BARREIROS

Prazas limitadas
Curso gratuito
Data: 15 ó 30 de Abril
Horario: 17:00 - 19:00

martes, 26 de febrero de 2013

Curso Iniciación a Informática


Curso de Iniciación a informática na AULA CEMIT BARREIROS

Prazas limitadas
Curso gratuito
Data: 4 ó 21 de marzo
Horario: 17:00 - 19:00

martes, 5 de febrero de 2013

Vídeo do Concello de Barreiros

Preséntovos un vídeo que foi gravado por  VTelevisión e fai un percorrido polo noso concello. Foi emitido no programa “Concellos de Galicia” desta canle pero para os que non tivestes oportunidade de velo, aquí vo lo deixo


Fonte: VTelevisión

lunes, 7 de enero de 2013

Miradas de Muller



Charla de presentación da iniciativa “Miradas de Muller” Nova iniciativa sobre Fotografía Dixital

Ponse en marcha unha nova iniciativa sobre capacitación dixital e emprendemento no eido da Fotografía Dixital
  • A iniciativa desenvolverase durante o 2013 en 33 aulas da Rede CeMIT.
  • As destinatarias son mulleres desempregadas para a súa incorporación no mundo empresarial relacionado co campo da fotografía dixital.

Data: 31-01-2013
Horario: 16:00 – 20:00
Lugar: Aula CeMIT Barreiros

Para asistir a charla e necesario inscribirse previamente na Aula CeMIT

No seguinte enlace podedes atopar toda a información