jueves, 11 de diciembre de 2014

A administración electrónica

(Idenditade dixital e a administración electrónica)

Descrición

Acción formativa dirixida a difundir a oferta de servizos telemáticos de administración electrónica dispoñible a nivel local, autonómico e nacional, sensibilizando a poboación (en especial os colectivos máis alonxados do desenrolo da Sociedade da Información) sobre as vantaxes do uso de estes servizos.

Temario

1. Identidade dixital e mecanismos de identificación dixital segura.
2. Identificación electrónica. Certificado electrónico. DNI electrónico.
3. Administración electrónica. Exemplos a nivel local, autonómico e nacional.
4. Servizos telemáticos. Vantaxes do uso dos servizos electrónicos.
5. Seguridade. Realización de trámites electrónicos seguros.
6. Ferramentas para o uso seguro de datos dixitais.
7. Protección de datos nas transaccións electrónicas.
8. Condutas e comportamentos seguros no uso de Internet.
9. A administración electrónica como exemplo de produtividade e simplificación de tarefas en organizacións, empresas e traballadores autónomos/emprendedores.

Lugar de celebración: Aula CeMIT de Barreiros (Teleclub San Cosme)
Data: 12 ó 22 de xaneiro
Horario: 16:00 – 20:00

Inscripcións:  Na propia aula, por correo a cemit.barreiros@xunta.es ou a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.es/gl/actividade/11076

viernes, 7 de noviembre de 2014

Ferramentas web 2.0

(xestión de contido e aprendizaxe colaborativo)

Descrición

Acción formativa dirixida a desenrolar novas competencias dixitais no uso de ferramentas Web 2.0, que permitirán a cidadanía mellorar a xestión, vixilancia tecnolóxica, selección e difusión de contidos e a visibilidade en redes sociais, de persoas e empresas, así como o coñecemento e uso de ferramentas 2.0 para plataformas de aprendizaxe Moodle.

Temario

1. Introdución
2. Ferramentas Web 2.0
3. Espazos de traballo compartido
4. Xestión eficaz da información
5. Xerar coñecemento e difundir resultados
6. Realizar networking
7. Plataforma moodle
8. Principais características de Moodle.
9. Utilización de servizos web 2.0 propios de Moodle.
10. Redes sociais
11. Weblogs externos
12. Wikis
13. Ferramentas para a xestión de documentos online
14. Servizos multimedia
15. Outras aplicacións da web 2.0 aplicables ao e- learning

Lugar de celebración: Aula CeMIT de Barreiros (Teleclub San Cosme)
Data: 19 ó 27 de novembro
Horario: 16:00 – 20:00

Inscripcións:  Na propia aula, por correo a cemit.barreiros@xunta.es ou a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.es/gl/actividade/11059

martes, 17 de junio de 2014

Axudas a contratación de banda larga vía satélite


Ata o 30 de agosto está aberto o prazo para que  os cidadáns ou as pequenas/medianas empresas poidan solicitar unha axuda para o acceso a internet de banda larga vía satélite, a través dun programa executado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) en colaboración coa AMTEGA.
Por tal motivo, o próximo mércores 25 de xuño imos a transmitir por videoconferencia unha charla dunha hora de duración na que se explicará, dunha forma sinxela, a forma de presentarse a estas axudas e de poder ter acceso a internet naquelas zonas con mais dificultades de cobertura que non poidan usar outras tecnoloxías.
Os beneficiarios das axudas poderán ser fogares e empresas ubicadas en Galicia cunha  única subvención destinada a sufragar os costos de instalación, así como o costo do equipamento do interior da vivenda ou empresa necesario para distribuir o sinal de banda larga, cunha cuantía máxima de 150 euros, e condicionando a contratación dun servizo de alo menos 2Mbps cun periodo de permanencia de doce meses.
De todo esto daráse cumprida información na charla que terá lugar por videoconferencia o día 25 de xuño de 16:00 a 17:00

Maís información